Dende a Federación de ANPAS Compostela organizan unha charla sobre videoxogos dirixidas a familias, titulada, «Videoxogos: negocio, lecer, adición e convivencia» esta tarde de 17:30 a 18:30 horas de xeito en liña. Esta sesión será impartida por Antonio Rial Boubeta, doutor en psicoloxía social e profesor da USC.

As familias interesadas poden inscribirse en: http://bit.ly/videoxogos4 , posteriormente recibirán un correo electrónico para conectarse á charla.