A Escola Infantil Municipal ten aberto o seu prazo para a solicitude de matrícula ata o vindeiro 15 de maio.
A presentación da solicitude pódese realizar de forma telemática a través do enderezo electrónico sede.concellodemelide.gal ou de forma presencial no rexistro do Concello de Melide.
Neste centro educativo pódense matricular nenos e nenas de cero a tres anos. Para dúbidas ou aclaracións, os pais e nais pódense poñer en contacto co persoal municipal no teléfono 981 50 77 38, ou a través do enderezo electrónico escola.infantil@concellodemelide.gal.