A Xunta de Galicia, empezou unha campaña na que enviou a miles de fogares galegos onde viven rapaces e rapazas de entre 12 e 30 anos o carné xove, unha tarxeta coa que a mocidade pode optar a numerosos descontos en establecementos e comercios locais.
O problema, chegou á hora de activar o carné xove nos puntos físicos establecidos, xa que dada a cantidade de persoas que se achegaron ata eles para facer este trámite provocaron uns retraso de ata dous meses. Por esta razón, a Consellería de Política Social decidiu habilitar unha ferramenta a través da páxina web de Xuventude (http://xuventude.xunta.es) cubrindo un formulario. Despois duns días os usuarios e usuarias recibirán un código de identificación EYCA ao seu correo electrónico e deberán escribilo no carné xove, xa que será este número o que lles permitirá gozar de todas as vantaxes deste servizo.