O proxecto EMEGA comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implamentación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.
Beneficiarias e requisitos en xerais: empresas privadas, constituídas por mulleres, que inicien a súa actividade ou formalicen os seus plans Innova ou Activa, entre o 01/08/2020 e o 16/08/2021, microempresas ou pequenas empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, cando a administración da empresa sexa exercida por mulleres e o capital social estea maioritariamente subscrito por mulleres (pequenas empresas) e integramente subscrito por mulleres (microempresas). Todas as promotoras deben estar de alta na Seguridade Social, vinculadas laboralmente á empresa e desenvolvendo a súa actividade de forma habitual.
O programa EMEGA contén catro liñas de axuda:
- Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea. Dirixido a empresas de nova creación, que inicien a súa actividade entre o 1/08/2021 e o 16/08/2021. Entre outros requisitos, ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras; desempregadas durante un período mínimo dun mes anterior á data de inicio da actividade. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, a condición de desempregada debe cumprirse polo 50% das promotoras, como mínimo. Contía: entre 10.000 e 22.000 euros, segundo o número de postos de traballo para mulleres que se creen.
- Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres (creadas con anterioridade ao 1/08/2021), ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora, no actual contexto económico, contexto que se viu agravado pola situación da pandemia pola COVID-19. As ditas medidas non poderán supor, en ningún caso, destrución do emprego existente por conta propia e allea. A alta na Seguridade Social das traballadoras que ocupen os novos postos de traballo creados deberán formalizarse entre o 1/08/2020 e a data de finalización do prazo de xustificación da axuda, o 17/11/ 2021. Contía: entre 8.000 e 17.000 euros, segundo o número de postos de traballos para mulleres.
- Liña ITEF: para a creación dun proxecto empresarial innovador, no eido da investigación e da tecnoloxía; que inicien a actividade entre o 1/08/2020 e o 16/08/2021. A promotora ou unha delas, como mínimo, deberá ter titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñecemento ou da tecnoloxía, e o proxecto deberá supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras. Contía: Entre 18.000 e 42.000 euros.
- Liña Concilia: axuda complementaria das liñas anteriores, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar. Modalidades:
- Concilia promotora: incentivo de 3.000 euros por empresa, cando algunha promotora teña fillxs mellores de 3 anos.
- Concilia persoas traballadoras: incentivo de ata 5.000 euros, segundo o tipo de pacto de conciliación ou acordos individuais de teletraballo e o número de traballadores afectados.
Esta subvención está recollida no DOG 133, do 14/07/2021 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210714/AnuncioG0599-290621-0001_es.html. Prazo de solicitude aberto ata o 16/08/2021.