A Xunta de Galicia lanza unhas axudas extraordinarias para as persoas traballadoras afectadas por un expediente de regulación temporal de emprego como consecuencia da crise derivada da COVID – 19.
O obxectivo principal desta liña de apoio económico é compensar a perda de poder adquisitivo das traballadoras e traballadores que estean no ERTE. Estas axudas teñen un presuposto de 3.000.000 de euros. Cada persoa beneficiaria obterá unha contía de 500 euros.
Para poder solicitar esta liña de apoio económico as persoas traballadoras deben cumprir os seguintes requisitos: traballadoras ou traballadores por conta allea, incluídas as persoas con contrado de fixas discontinuas, ou socias de traballadoras de sociedades laborais e de coperativas de traballo asociado con centro na comunidade autónoma galega, afectadas por ERTE; que se inclúen nun expediente de regulación temporal de emprego no período do 14 de marzo de 2020 ao 31 de xullo de 2021, polo menos 12 meses aínda que sexa de maneira interrompida; que o importe da totalidade dos rendementos declarados durante o período impositivo 2020 no imposto sobre a renda das persoas físicas non excedese 14.000 euros.
As solicitudes pódense presentar de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (sede.xunta.gal). O prazo para presentar as solicitudes a esta axuda extraordinaria está aberto ata o vindeiro 24 de outubro.