O prazo para solicitar os Bonos Concilia para persoas autónomas estará aberto ata o vindeiro luns 25 de outubro.
Esta liña de axudas ten por obxectivo facilitar a conciliación laboral e de coidados ás persoas traballadoras por conta allea. Para conseguilo, a Xunta de Galicia subvencionará: a contratación dunha persoa para o coidado de menores, maiores ou dependentes. O Bono Concilia I vai dirixido a traballadores e traballadoras que contraten por, máximo un ano, unha persoa para o coidado do seu fillo ou filla logo de rematar a baixa por maternidade ou paternidade. Neste caso, o importe a recibir será de 500 euros cada mes completo. Bono Concilia II para persoas que teñan ao seu cargo a menores, maiores ou dependentes para que poidan contratar un traballador ou traballadora que se encargue deles, ao igual que no caso anterior, por máximo doce meses. As contratacións deberon realizarse entre o 1 de outubro de 2020 e o 31 de setembro de 2021. O importe tamén será de 500 euros por mes, acadando como máximo a contía de 6.000 euros.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible en: sede.xunta.gal.
Podes consultar o DOG en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210924/AnuncioG0599-140921-0001_gl.pdf