FUNCIONAMIENTO BONOS ACTIVA COMERCIO
REQUISITOS:
a) Estar dados de alta en algún dos grupos ou epígrafes do IAE que se relacionan na última páxina.
b) Anunciar no exterior do establecemento, nun lugar visible, a adhesión ao programa mediante a colocación dos correspondentes materiais publicitarios (Isto repetirémolo unha vez o comercio estea dado de alta).
c) Conservar durante un ano todos os tíckets de compra ou facturas xustificativas da aplicación dos bonos, por se hai comprobación por parte da Dirección Xeral de Comercio.
d) Nos tickets de compra debe figurar claramente o importe da compra e o importe descontado.
e) No caso de devolución, o importe da compra poderá ser cambiado por outra compra de prezo igual ou superior ou por un vale sen caducidade polo importe correspondiente. O comerciante non poderá abonar ao consumidor, en ningún caso, diñeiro en efectivo ou na tarxeta de crédito.
ALTA COMERCIOS:
1) Entrar en https://www.bonosactivacomercio.gal
2) Hai un apartado para Alta comercio e outro para alta usuarios
3) Entrar en Alta Comercios e cubrir o formulario de inscripción coa seguinte información:
• Nome e apelidos ou razón social.
• Establecemento comercial en Galicia.
• NIF ou CIF.
• Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
• Nome comercial.
• Direción do establecemento comercial.
• Número de teléfono móbil.
• Correo electrónico.
• IAE (incluído no anexo I).
• IBAN da conta bancaria.
• Páxina web do establecemento comercial.
4) Unha vez introducidos os datos e dar a rexistrar logo chegarache un mail a túa direción de correo electrónico.
5) Hai que revisar que todos os datos estean ok e firmar a declaración responsable manifestando o cumprimento das condicións establecidas e a veracidade dos datos indicados (fírmase dixitalmente no propio proceso).
6) Unha vez temos o rexistro listo, descargamos a App no móbil e accedemos co noso usuario e clave de acceso.
7) No momento da venda o comerciante ten que introducir na App o importe da compra, e escanear co móbil en código QR que ten o cliente descargado no seu teléfono, e xa aparece o desconto que corresponde aplicar de forma automática.
OLLO: O bono pose un formato dixital en forma de código QR que o cliente levará descargado no seu móbil… ese código QR é o que tedes que escanear para poder aplicarlle o desconto.
8) Na App que o comerciante ten descargada no seu móbil, pode ver todos os seus datos e os importes das compras realizadas, os importes dos descontos e o que os leva abonado a Xunta ou o que está pendente de pago.
9) O prazo para adherirse ao programa será do 13 de outubro de 2022 ata o 30 de novembro de 2022.
¿COMO CONSEGUE A CLIENTELA OS BONOS?
1.- Na misma página https://www.bonosactivacomercio.gal en está o outro apartado para que a clientela consiga o seu bono de 30€.
Desconto Importe das compras
5,00 € Entre 20 € e 30 €
10,00 € Entre 30 € e 50 €
15,00 € Igual ou superior a 50 €
2.- Introducen os seus datos e descárganse un Código QR que será o que ensinen no momento da compra para poder ter o desconto correspondente (Descargas para Apple Wallet ou Android)
3.- Os Bonos serán válidos ata o 31/12/22.
GRUPOS E EPÍGRAFES IAE
651.1. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confeccións para o fogar, alfombras e
similares e artigos de tapizaría.
651.2. Comercio polo miúdo de toda clase de pezas para o vestido e toucado.
651.3. Comercio polo miúdo de lenzaría e corsetería.
651.4. Comercio polo miúdo de artigos de mercería e paquetaría.
651.5. Comercio polo miúdo de pezas especiais.
651.6. Comercio polo miúdo de calzado, artigos de pel e imitación ou produtos substitutivos,
cintos, carteiras, bolsos, maletas e artigos de viaxe en xeral.
651.7. Comercio polo miúdo de confeccións de peletaría.
652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza,
pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos
químicos.
652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e artigos para a hixiene
e o aseo persoal.
652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.
653.1. Comercio polo miúdo de mobles (agás os de oficina).
653.2. Comercio polo miúdo de material e aparellos eléctricos, electrónicos,
electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico accionados por outro tipo de enerxía
distinta da eléctrica, así como de mobles de cociña.
653.3. Comercio polo miúdo de artigos de enxoval, ferraxaría, adorno, agasallo ou reclamo
(incluíndo bixutería e pequenos electrodomésticos).
653.6. Comercio polo miúdo de artigos de bricolaxe.
653.9. Comercio polo miúdo doutros artigos para o equipamento do fogar NCOP.
656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles, roupa e enxoval ordinario
de uso doméstico.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.
659.1. Comercio polo miúdo de selos, moedas, medallas conmemorativas, billetes para
coleccionistas, obras de arte e antigüidades, minerais soltos ou en coleccións, fósiles,
insectos, cunchas, plantas e animais disecados.
659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e de máquinas e equipamentos de oficina.
659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e
fotográficos.
659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio, e artigos
de debuxo e belas artes.
659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiería, reloxaría, prataría e bixutería.
659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, pezas deportivas de vestido,
calzado e toucado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.
659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.
659.8. Comercio polo miúdo denominado sex-shop.
659.9. Comercio polo miúdo doutros produtos non especificados nesta agrupación, excepto
os que deban clasificarse na epígrafe 653.9.
972.1. Servizos de barbaría de señora e cabaleiro.
972.2. Salóns e institutos de beleza e gabinetes de estética.