Beneficiarios:
Persoas físicas ou xurídicas (PEMES) titulares de establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, albergues turísticos, restaurantes, inscritos ou autorizados polo REAT, con unha antigüidade mínima da actividade turística no establecemento de 5 anos (contada dende a data de inscrición no REAT).
Investimentos subvencionables:
- Mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
- Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter as certificacións de calidade, en especial o Q de calidade turística.
- Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
- Renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno.
- Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento. (Non é subvencionable o menaxe de cociña e comedor, enxoval de habitacións e baños, decoración…).
- Mellora da climatización que favoreza a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
- Dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
- Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.
O investimento máximo subvencionable será de 100.000 euros (IVE excluído) e deberá realizarse dende o 01/01/2023.
Obrigas, entre outras, manter a actividade 3 anos.
Contía: Entre o 40 e o 60%, con un importe máximo por beneficiario de 60.000 €.
Prazo de solicitude: ata 13/02/2023