Entidades beneficiarias e requisitos

  1. Traballadores autónomos, as sociedades mercantís, as sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego, así como entidades sen personalidade xurídica tales como comunidades de bens, sociedades civís etc., sempre que cumpran a condición de peme segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014.
  2. Para seren beneficiarias deberán cumprirse os dous requisitos seguintes:
    1. Que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade que se trate, con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da solicitude.
    2. Que iniciasen a súa actividade económica con 42 meses de antigüidade como máximo ata a data de presentación da solicitude.
  3. Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, segundo o descrito no artigo 8.3 da Lei 9/2007, deberán facerse constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación como beneficiario, que corresponden á agrupación.
  4. As persoas interesadas e as iniciativas de emprendemento deberán cumprir os seguintes requisitos:
    1. Que teñan o seu domicilio social, fiscal e/ou un centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
    2. Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
    3. Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia e ter efectuado a comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento.
    4. Ter presentado as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas, segundo corresponda á súa forma xurídica.
    5. Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
    6. Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.
    7. Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
    8. Estar de alta no imposto de actividades económicas.
    9. Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia-
  5. Establécense as seguintes excepcións:
    1. Establecidas polo artigo 4 de Lei 9/2013, do 19 de decembro, de emprendemento de Galicia, non se considerarán persoas emprendedores:
      1. As persoas físicas con relación a aquelas actividades que se leven a cabo no ámbito de dirección e organización doutra persoa física ou xurídica.
      2. As persoas físicas cuxa actividade económica se leva a cabo a través dunha sociedade patrimonial.
      3. As persoas físicas cuxa actividade se limita pura e simplemente á mera tenza de capital ou ao desempeño do cargo de conselleiro/a ou membro dos órganos de administración nas empresas que revistan a forma xurídica de sociedade.
      4. As persoas físicas ou as persoas xurídicas en que algún dos seus socios se encontre inhabilitado, en España ou no estranxeiro, como consecuencia dun procedemento concursal, se encontre procesado, se teña ditado auto de apertura do xuízo oral, ou teña antecedentes penais, por delitos de falsidade contra a facenda pública e contra a Seguridade Social.
      5. No caso de sociedades unipersoais ou persoas autónomas, non poderán ser consideradas emprendedoras as persoas que teñan a condición de socio ou socia único/a noutra empresa unipersoal ou que leven dados de alta no réxime de persoas autónomas máis de 42 meses.
      6. As persoas físicas ou as persoas xurídicas mentres desenvolvan actividades relacionadas coa actividade bancaria, seguros e fondos de pensións, e aquelas que afecten a seguridade nacional.
    2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
    3. Non se concederán axudas ás pequenas e medianas empresas que desenvolvan as seguintes actividades:
      1. A fabricación de armamento, armas e municións.
      2. Os xogos de azar coas instalacións conexas.
      3. A transformación ou distribución de tabaco.
      4. As actividades de venda e/ou alugamento de inmobles.
  1. Os solicitantes da axuda cubrirán no formulario electrónico de solicitude unha declaración responsable de non atoparse en ningunha destas situacións.

Obxecto

  1. Aprobar as bases reguladores polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións Emprendemento Plus para iniciativas de empréndemete de persoas traballadoras. Se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023, a través dos seguintes pogramas de axudas:
    1. Programa I. Emprendemento Plus Investimento. Este programa ten por obxecto apoiar a continuidade e a consolidación de iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, mediante o apoio de investimentos realizados nas iniciativas obxecto da axuda, tal e como se describe no artigo 25 da convocatoria.
    2. Programa II. Empréndemete Plus Emprego. Este programa ten por obxecto o fomento e a consolidación do emprego por parte de autónomos e pequenas empresas de nova creación (máx. 42 meses) para promover a contratación de persoas desempregadas.
  2. Estes dous programas obxecto da convocatoria son compatibles entre si, pero para optar ao Programa II Emprendemento Plus Emprego, será necesario solicitar a axuda ao investimento establecida non Programa I Empredemento Plus Investimeto.
  3. A finalidade é apoiar o fortalecemento e consolidación de iniciativas de emprendemento que teñan unha antigüidade máxima de 42 meses, para impulsar a creación de emprego mediante axudas á consolidación de actividades económicas viables. A iniciativa esta destinada ás seguintes actividades: industrias, fábricas, transformación e comercialización de produtos, presentación de servizos, actividade de ocio, artesanía, actividades baseadas na TIC, actividades nos sectores de enxeñaría, comercio polo miúdo de produtos e sector de hostalaría.

Contía

O importe total da convocatoria é de 6.000.000 euros, 3.000.000 euros con cargo ao ano 2023 e 3.000.0000 euros con cargo ao ano 2024.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes de axudas Emprendemento Plus será dun mes a partir do 18 de xullo de 2023.

Bases e extracto

  • Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230717/AnuncioG0656-100723-0001_gl.pdf
  • Extracto: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230717/AnuncioG0656-100723-0002_gl.pdf