BASES DA CAMPAÑA “VENRES NEGRO”
1. Entidade organizadora: ASETEM – CCA.
2. Participantes: poden participar todas as persoas maiores de 18 anos que compren nos comercios participantes asociados durante o venres 28 de novembro.
3. Duración e dinámica da actividade: esta iniciativa desenvolverase o venres 28 de novembro nos comercios asociados a ASETEM que, con motivo do “Venres Negro” terán descontos en diversos produtos e artigos. Con cada compra, independentemente do importe, o comercio entregaralle a través da App de Asetem un rasca que poderá estar premiado con diferentes produtos promocionais. Ademais, todas as compras rexistradas co rasca, independentemente de que foran premiadas con ditos rascas ou non entrarán a un sorteo final dunha “Escapada de fin de semana”. A persoa gañadora desta escapada publicarémolo nas redes sociais de Asetem o martes 2 de decembro.
4. Período de participación para entrar no sorteo: entrarán no sorteo todas as persoas que compren nos comercios asociados o día 28 de novembro e o comercio lles proporcione un rasca na App da Asociación empresarial.
5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.