Novo Continente e Casa Quinzán,ganadores da III Ruta das Setas e das Castañas’, ‘Os establecementos participantes serviron máis de 3.000 tapas durante as dúas fins de semana de concurso

Restaurante Novo Continente e Casa Quinzán resultaron vencedores da terceira edición da “Ruta das Setas e das castañas”, o concurso de tapas que cada ano, en tempo de outono, organiza Asetem-Cca.

 

Os clientes que participaron na ruta durante as dúas primeiras fins de semana de novembro decidiron cos seus votos que o “Bocado de eleu-eleu”, elaborado polo Restaurante Novo Continente, é a mellor das 16 tapas presentadas a concurso. Obtivo unha puntuación media de 4.92 puntos sobre un máximo de 5. Na categoría de Tapa Innovadora, resultou vencedora a “Tosta con paté de castañas e ragú de setas”, de Casa Quinzán. Foi valorada con un 4.7 sobre 5.

 

O nivel das tapas en concurso é cada ano maior e iso tivo o seu reflexo nas cualificacións outorgadas polos clientes, que non o tiveron nada doado nesta edición. O resultado das votacións foi moi apretado nos postos de cabeza e o “Espeto de corzo con castañas” do Bar Cantón estivo moi cerca de facerse co primeiro posto en ámbalas dúas categorías. Finalmente os premios foron para Novo Continente e Casa Quinzán, que repiten no podio por segundo ano consecutivo.

 

A entrega de premios será o próximo xoves día 15 ás 21:00 horas na sede de Asetem-Cca. Os ganadores recibirán de mans da directiva unha placa que os acredita a calidade das súas tapas e o bo facer da súa cociña. Ao mesmo tempo, realizarase o sorteo da cesta de produtos ibéricos cedida por Distribucións O Carrizo, un premio ao que optarán todos os consumidores que participaron na ruta e emitiron o seu voto. Tamén se sorteará unha estancia no Hotel Balneario Río Pambre. A este premio só optarán aqueles clientes que probaron as tapas de 8 ou máis establecementos. O nome dos afortunados será publicado na páxina web e no facebook de Asetem.

 

Coa entrega de premios porase fin a unha edición do “Outono de Tapas” que pechou con balance positivo. A pesar do tempo chuvioso que fixo, os clientes animáronse a tomar parte dunha iniciativa xa consolidada e os establecementos repartiron nos catro días que durou o concurso algo máis de 3.000 tapas.