Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2024 as axudas establecidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para favorecer a contratación de mulleres desempregadas na empresa ordinaria en ocupacións masculinizadas, coa finalidade de contribuír a incrementar as baixas taxas de ocupación feminina nas ditas ocupacións.

Persoas empregadoras e empresas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres por conta allea en ocupacións masculinizadas, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e coas condicións que se establecen nesta orde.

Gastos subvencionables

Serán subvencionables ao abeiro deste programa:

  • As contratacións por conta allea de mulleres en ocupacións masculinizadas ou con infrarrepresentación feminina na contratación.

    Os contratos subvencionables deberán ser de duración indefinida, ben con xornada a tempo completo, ben a tempo parcial. No caso de contratacións a tempo parcial, a xornada será como mínimo do 50 %. Inclúense os contratos de traballo indefinidos para a prestación de servizos fixos descontinuos, que deberán ser a tempo completo e cunha duración mínima de 6 meses.

    O período durante o que se teñen que producir os contratos para que sexan subvencionables será desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 20 de outubro de 2024.

  • Igualmente, serán subvencionables ao abeiro deste programa os gastos derivados de obras de adaptación dos espazos ou dos postos de traballo na empresa, coa finalidade de eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o acceso e o desempeño profesional das mulleres na empresa (aseos, vestiarios, espazos para menores, etc.).

    O período durante o que se teñen que producir obras de adaptación dos espazos ou dos postos de traballo subvencionables será desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 20 de outubro de 2024.

Contía dos incentivos

Incentivos á contratación

  • a) As contratacións indefinidas iniciais a tempo completo de mulleres desempregadas incentivaranse cunha contía base de 15.000 €. No caso de redución de xornada por calquera causa, a contía reducirase en proporción á xornada realizada.
  • b) As contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial (mínimo 50 %) e as contratacións indefinidas fixas-descontinuas (mínimo 6 meses) incentivaranse cunha contía basee de 7.500 €.

As contías indicadas anteriormente incrementaranse nun 15 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

  • I. No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
  • II. Se a muller contratada é unha persoa con discapacidade.
  • III. Se a muller contratada é maior de 45 anos.
  • IV. Se a muller contratada é emigrante retornada ou estranxeira.
  • V. Se a muller contratada é persoa trans.

Gastos derivados de obras de adaptación dos espazos ou dos postos de traballo:

O importe máximo da axuda será de 10.000 €.

Bases reguladoras

As bases reguladoras completas desta orde poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240718/AnuncioG0767-100724-0001_gl.html

Presentación de solicitudes e prazos

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 19 de xullo do 2024 e rematará o 30 de setembro do 2024.

Ligazóns de interese