Visita a fotogalería da Feira de agasallos para Nadal’, ‘A fin de semana do 15 e 16 de decembro, Melide acolleu a Feira de agasallos para Nadal. O evento, organizado polo concello de Melide e o GDR UTM foi toda unha mostra da variedade e calidade dos produtos que se fan na comarca. Na iniciativa tamén colaborou Asetem-Cca e participaron varios dos seus socios/as.

O Nadal deixa tamén outra novidade no que a feiras se recibe. A Praza do Convento acollerá os días 22 e 23 un mercadillo solidario onde toda a recadación conseguida será destinada a Cáritas parroquial.