Premiamos a fidelidade dos cientes regalando bolsas e mochilas para o verán’, ‘A partir do 15 de maio, e ata fin de existencias, Asetem-Cca agasallará cunha mochila ou unha bolsa de praia a todos aqueles clientes que realicen unha compra superior a 25 euros en calquera dos establecementos asociados.
Para recollelas abondará con pasar polas oficinas da patronal en horario de 9:00 a 13:00 horas e presentar o ticket de compra.
O cliente terá a opción de escoller entre diferentes modelos: as bolsas de praia, cunhas medidas de 38 centímetros de alto por 52 de ancho, estarán dispoñibles nas cores laranxa, verde e vermella. No caso das mochilas, que miden 36 centímetros de alto por 26 de ancho, as cores a escoller serán a azul, a negra e a vermella.
Co lanzamento desta campaña Asetem-Cca quere premiar a fidelidade do cliente e a súa aposta polo comercio local.