As fervenzas de Brañas. Toques’,
Nun marco incomparable, propio do mellor dos paraísos, atópanse as Fervenzas de Brañas. Amosan toda a súa beleza tralos días de chuvias intensas, cando o torrente de auga baixa facendo un estrondo por unha parede de preto de 30 metros de caída.
É nestes días de inverno cando as fervenzas se poden ver en todo o seu esplendor. Rodeadas dun bosque frondoso, poboado con árbores autóctonas propias da ribeira, o visitante chega a elas tras pasar o núcleo urbano de Toques, a uns tres quilómetros. Terá que desviarse á dereita para tomar unha estreita pista que o levará ó carón deste peculiar recuncho do interior galego.
Antano, en épocas de grandes chuvias, a auga caía por riba do tellado do muíño que aínda permanece en pé na beira da fervenza. Parcialmente restaurado, hai quen di que sería un bo lugar para instalar un bar. É un bo recuncho compartir un momento de lecer con boa compañía. A paisaxe terémola sempre.