CAMPAÑA “Mercamelide na Rúa 2026”

BASES DA CAMPAÑA: “Mercamelide na Rúa 2026

  1. Entidade organizadora: Asetem, en colaboración do Concello de Melide.
  2. Participantes: Todas as persoas maiores de idade que compren no comercio local de Melide, participante nesta edición do Mercamelide na Rúa, os días 7, 8 e 9 de agosto.
  3. Duración e dinámica da actividade: Entre todas as compras realizadas os días 7, 8 e 9 de agosto sortearanse 1.500 euros, repartidos en 5 vales de 100 euros e 20 vales de 50. O sorteo realizarase o martes 11 de agosto ás 11:00 horas nas oficinas de Asetem (Rúa Lino Sexto, Melide). Os boletos premiados poderanse entregar ata 21 de agosto ás 14:00 horas para entregalos na sede de Asetem.
  4. Premios: Sortearanse 1.500 euros, repartidos en 5 vales de 100 euros e 20 vales de 50.
  5. Sorteo: Realizarase o martes 11 de agosto ás 11:00 horas nas oficinas de Asetem, logo de recoller as papeletas nos establecementos participantes.
  6. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.