BASES DA CAMPAÑA “O SAMAÍN NO COMERCIO LOCAL”

  1. Entidade organizadora: ASETEM – CCA.
  2. Participantes: na parte da entrega dos caramelos poden participar todas as nenas e nenos que acudan disfrazadas aos comercios de proximidade, adheridos a Asetem (cada tenda participante terá globos negros como identificativo), na tarde do venres 30 de outubro. Ademais, as persoas socias das ANPAs colaboradoras (as do Nº1 “O Forte” E Nº2 “Martagona”) que suban ás redes sociais unha foto cos seus disfraces de Samaín poderán gañar un vale de compra de 150 euros. Pola parte do sorte dos vales de compra ligados aos tíckets, que serán 4 de 50 euros, poden participar persoas maiores de 18 anos que merquen nas tendas asociadas durante os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.
  3. Duración e dinámica da actividade: esta iniciativa desenvolverase o 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro, na que a clientela poderá subir os seus tíckets de compra dese día (independentemente do importe) á App de Asetem, indicando nome do establecemento, data da compra e foto do tícket. Entre os tíckets subidos o martes, 3 de novembro, realizarase o sorteo para coñecer as persoas gañadoras dos 4 vales de 50 euros para gastar nos establecementos locais asociados. Estes vales terán data de caducidade dun mes. Ademais, para o sorteo das redes sociais de fotos con disfraces relacionados co Samaín as condicións para participar son: subir a foto ás redes (Facebook ou Instagram) durante esa fin de semana e etiquetar a Asetem e a ANPA O Forte e ANPA Martagona, débese ser socio ou socia dalgunha destas ANPAs para poder participar no sorteo, para verificalo no momento da entrega do premio pedirase o carné da ANPA. O sorteo das redes tamén se realizará o martes 3 de novembro.
  4. Período de participación para entrar no sorteo: entrarán no sorteo todas as persoas que suba o seu tícket de compra dos días 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro á App de Asetem, así como as familias que suban as fotos cos disfraces e sexan socias e socios das ANPAs colaboradoras.
  5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.