O Mercamelide de verán celebrarase os días 31 de agosto e 1 de setembro’, ‘Os comercios participantes deberán aboar a cota de inscrición nas oficinas de Asetem

           O Pazo de Congresos e Exposicións acollerá os vindeiros días 31 de agosto e 1 de setembro a XII edición do Mercamelide, a feira de saldos do comercio local.

Os establecementos que desexen participar no evento deberán comunicalo chamando ao Concello (981 50 50 03) ou a Asetem (981 50 61 88) e aboar 30 euros en concepto de cota de inscrición. O pagamento realizarase nas oficinas de Asetem-Cca (Rúa Lino Sexto Sánchez, 2) de luns a venres en horario de 9:30 a 13:00.

Os 30 euros que dan dereito á participación no Mercamelide irán destinados á adquisición de dúas cestas con produtos da terra para sortear entre os clientes que realicen as súas compras na feira. Ademais, sortearanse tamén 500 euros entre todas aquelas persoas que acrediten ter realizado compras en tres ou máis stands diferentes. Para iso deberán presentar un boleto co selo dos establecementos. A persoa agraciada poderá gastar realizando compras en calquera dos establecementos participantes nesta edición do Mercamelide.

Como en ocasións anteriores, os comercios participantes poderán montar o stand a partir da tarde do venres 30 de agosto. O recinto contará con vixilancia nocturna, unha zona de ocio infantil e outra de restauración. Mercamelide abrirá en horario ininterrompido de 11:00 a 20:00 horas.