As empresas e negocios asociados a Asetem poderán actualizar e mellorar ao longo de 2015 os sistemas de seguridade dos seus establecementos a prezos reducidos.
A oportunidade bríndalla a propia patronal a través dun convenio de colaboración que a xunta directiva acaba de asinar coa empresa compostelá Sistemas de Seguridade A-1. Dito acordo, que terá vixencia ata finais de ano, inclúe vantaxes para os asociados en materia de “seguridade, mantemento e vixilancia”, con descontos do 10% en múltiples servizos e prezos especiais na instalación ou substitución de sistemas. O único requisito para acollerse ao convenio é estar ao día no pago das cotas. Os negocios interesados deberán contactar con A-1 chamando ao 660 684 661 e preguntando por Juan Toledo. Deben indicar a súa condición de asociado e a referencia 137/14.
SERVIZOS CON VANTAXES PARA OS NEGOCIOS ASOCIADOS
• Substitución dos sistemas de Seguridade antirroubo antigos co PIM 3 Renove, aforrando o desembolso do equipo.
• A instalación dun sistema de seguridade novo de roubo ou incendio suporá o mantemento dos extintores do local de maneira gratuíta durante un ano.
• Tarifa de revisión dos extintores de polvo ABC 6 kg: 4 euros por extintor durante o primeiro ano.
• Caixas fortes: desconto dun 15% sobre a tarifa.
• Circuíto pechado de TV: desconto dun 10% sobre a tarifa.
• Portas acoirazadas: desconto 10% sobre a tarifa.
• Instalación de extinción de incendios en campás extractoras de cociña: desconto do 10% sobre a tarifa.
• Sistema de control de flotas por GPS: bonificación do software, valorado en 200 euros.
• Proxectos de enxeñería bonificados no caso de que sexa Seguridade A-1 quen execute a instalación.
• Sistema de localización SOS de persoas maiores: bonifi-cación da licenza de software.
• Sistema de Néboa de Seguridade: desconto dun 10% sobre a tarifa.