A Cámara de Comercio de Santiago en colaboración co Concello de Melide está a organizar para o vindeiro 18 de xuño un obradoiro sobre xestión de comercio no que se aprenderán as claves para posicionar e mobilizar con éxito os pequenos e medianos negocios. Trátase dunha xornada gratuíta de catro horas de duración e para a que é necesario inscribirse.
Lugar: Edificio Multiusos de Melide (Praza das Universidades)
Data e hora: xoves 18 de xuño, de 16:00 a 20:00
Dirixido a: preferentemente autónomos, microempresas, pemes, empregados e emprendedores do sector comercial minorista.
Incricións en: Tlf: 981 50 79 29
multiusos@concellodemelide.org
Obxectivos:
- Coñecer en que punto de saúde se atopa o noso negocio.
- Saber como necesitamos mellorar ante o cambio dos novos clientes.
- Como crear unha nova experiencia de compra.
- Aprender a posicionar a nosa imaxe de marca nun mercado cada vez máis competitivo.
- Crear unha revolución de mellorar en todos os aspectos: visualmente, en vendas, no noso target, en atención ao cliente…
- Descubrir novas tendencias á hora de vender.
Programa:
1.- O concepto de tenda
– Coñecémonos?
– Creación dun DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas, Oportunidades)
2.- Urxen cambios no pequeno comercio
– Como realizalos?
– Como asesorarnos?
– Guías e pautas para o gran cambio.
3.- Evolución ou revolución?
– Venda on line
– Venda off line
4.- O valor da marca e a nosa propia identidade
– O ADN
5.- A grande importancia do deseño interior.
– Branding sensorial
– Optimizar as vendas do noso produto
6.- Os novos comercios que triunfan
– Formas de venda itinerantes
– Vendas efímeras.
Esta xornada sobre xestión do comercio forma parte do Plan Integral de Apoyo a la Competitividad en el Comercio Minorista, impulsado polo Ministerio de Economía y Competitividad e polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional.