PROMOCION DO EMPREGO AUTÓNOMO
Beneficiarios
Persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego, que creen o seu propio posto de traballo como traballadores autónomos ou por conta propia, ou como membros de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación; que causen alta entre o 01/10/2014 e o 30/09/2015.
Liñas de axuda
.- Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil
Requisitos: Ter menos de 30 anos e estar de alta na data da solicitude da axuda.
Contía: 1200 € (sen xustificación de investimento).
Obrigas: Exercer a actividade 1 ano.
.- Subvención polo establecemento como traballador autónomo ou por conta propia
Requisitos: Realizar un investimento en inmobilizado material ou intanxible de como mínimo 3.000 €, sen incluír o IVE, no período comprendido entre os 3 meses anteriores e os 6 meses seguintes ao inicio da actividade.
Contías: 5.000 € (desempregado xeral); 8.000 € (desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos de risco de exclusión social); e 10.000 € (mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencente a colectivos de risco de exclusión social).
Obrigas: Exercer a actividade 2 anos.
Ambas liñas de axuda son incompatibles entre sí.
Prazo de solicitude, para ambas liñas: Ata o 19/09/2015.
PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL (SNGX)
Beneficiarios
Persoas novas inscritas no SNGX, que creen o seu propio posto de traballo como traballadores autónomos ou por conta propia, ou como membros de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación; que causen alta entre o 01/10/2014 e o 30/09/2015. Tamén é requisito non haber traballado nos 30 días anteriores ó inicio da actividade laboral.
Liñas de axuda
.- Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil
Requisitos: Estar de alta na data da solicitude da axuda.
Contía: 1200 € (sen xustificación de investimento).
Obrigas: Exercer a actividade 1 ano.
.- subvención polo establecemento como traballador autónomo ou por conta propia
Requisitos: Realizar un investimento en inmobilizado material ou intanxible de como mínimo 2.000 €, sen incluír o IVE, no período comprendido entre os 3 meses anteriores e os 6 meses seguintes ao inicio da actividade.
Contías: 7.500 € (persoa nova); 8.000 € (muller nova); e 10.000 € (persoa nova con discapacidade ou pertencente a colectivos de risco de exclusión social).
Obrigas: Exercer a actividade 2 anos.
Prazo de solicitude, para ambas liñas: Ata o 30/09/2015. Estas liñas de axuda son incompatibles entre sí.
PROGRAMA DE AXUDAS AS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS
Beneficiarios
.- Traballadores autónomos ou profesionais, pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
.- Traballadores autónomos ou profesionais, pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
Contías:
.- Entre 4.000 e 6.000 €, pola primeira contratación indefinida.
.- Entre 5.000 e 7.000 €, pola segunda e terceira contratación indefinida.
Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 01/10/2014 e o 30/09/2015.
Prazo de solicitude: Último día do mes seguinte á contratación subvencionable, como máximo ata o 30/09/2015.