Asetem asistiu o pasado 19 de novembro á xornada “O comercio, unha oportunidade de negocio”, un encontro organizado pola Federación Galega de Comercio no que participaron relatores de re-coñecido prestixio a nivel nacional en ámbitos como as novas tecnoloxías, o emprendemento, a comunicación ou a xestión de marcas.
Ata o Hotel Monumento San Francisco, sede da xornada, desprazáronse a xerenta e a cooperante de Asetem, Pilar López e Sandra Vázquez, para coñecer de primeira man as tendencias futuras en ma-teria de xestión comercial e aplicalas logo dentro do marco de Melide. Nas diferentes conferencias e mesas redondas abordáronse temáticas como a innovación na comunicación, as novas tecnoloxías, o cliente como eixo de negocio e os programas de fidelización, focalizando este último punto nunha experiencia concreta: Comerciogalicia.
No encontro estiveron presentes os principais responsables políticos de Galicia en materia de comercio: Sol Vázquez, directora xeral, e Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, quen clausurou a xornada.

IMG-20151119-WA0005

Francisco Conde (conselleiro de Economía e Industria), Minia Varela (socia de Asetem), Pilar López (xerenta da Asetem) e Miguel Agromayor (presidente da Federación de Comercio da Coruña)