Obxecto:

Fomentar a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento.

 

Beneficiarios:

As pequenas e medianas empresas que, entre outros requisitos, a alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude da axuda.

Requisitos dos proxectos:

  1. Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.
  2. Custo subvencionable superior a 25.000 euros e inferior a 500.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 euros, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.
  3. Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

 

Inversión ou gastos computables:

a) Investimentos realizados en:

1º Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións.

2º Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior, e equipos de protección do ambiente.

3º Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.

4º Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licencias, Know how e coñecemento técnicos non patentados, incluíndo aplicacións informáticas.

b) Gastos de aprovisionamentos de materias primas e de mercadorías ou servizos de profesionais independentes necesarios para vender un produto ou servizo. Podendo representar ata o 10% do proxecto subvencionado total.

c) Gastos de investigación e desenvolvemento e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.

d) Os gastos de aluguer de bens inmobles, ata un prazo máximo dez meses.

e) Os gastos do informe de auditor.

f) Igualmente considéranse subvencionables a adquisición de activos pertencentes a un establecemento, cando se cumpran as seguintes condicións:

– Que o establecemento pechase ou pecharía se non fose adquirido.

– Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador.

– Que a operación teña lugar en condicións de mercado.

Cando un membro da familia do propietario inicial ou un empregado se faga cargo dunha pequena empresa, non se aplicará a condición de que os activos deban ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador. A mera adquisición das accións dunha empresa non constituirá un investimento.

 
Contía: ata o 25% dos investimentos subvencionables, e ata o 35% se o beneficiario é unha pequena empresa; agás os gastos por adquisición de activos pertencentes a un establecemento, que poderán chegar ao 10% no caso de medianas empresas e ao 20% no caso de pequenas empresas.

 

Prazo de presentación: do 4 de xaneiro de 2016 ao 12 de febreiro de 2016.
O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2017.

 

Para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de xuño de 2016, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 11 de xullo de 2016.

Para aqueles proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 30 de xuño de 2017, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 11 de xullo de 2017.

 

(Información elaborada por CC Xestión)