PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL

 

Beneficiarios: empregadores e empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica.

Prazos de Solicitude:

.- Para as contratacións subvencionables realizadas entre o 01/01/2016 e o 14/07/2016, ata o 14/09/2016.

.- Para as contratacións subvencionables realizadas entre dende o 15/07/2016, ata o último día do segundo mes seguinte á data de contratación; como máximo, ata o 30/09/2016.

 

Liñas de axuda:

1.PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL

Contratacións indefinidas iniciais realizadas entre o 01/01/2016 e o 30/09/2016, a tempo completo ou parcial (xornada mínima do 50%), con desempregados maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

A contratación ten que supoñer un incremento do cadro de persoal fixo da empresa e do emprego neto da empresa, con respecto á media dos 3 meses anteriores.

Contías: Entre 5.400 euros e 7.590 euros (a xornada completa).

Obrigas, entre outras: Manter  no cadro de persoal aos traballadores subvencionados, así como o número de persoas traballadoras fixas, durante 2 anos dende a contratación.

 

2. PROGRAMA DE INCENTIVOS Á TRANSFORMACIÓN DE CONTRATOS TEMPORAIS EN INDEFINIDOS

Transformacións en indefinidos dos contratos de prácticas, formación e aprendizaxe, revezamento ou substitución por anticipación da idade de xubilación, realizada entre o 01/01/2016 e o 30/09/2016, cando se produza ao remate da duración inicial da contratación temporal.

A contratación ten que supoñer un incremento do cadro de persoal fixo da empresa respecto á media dos 3 meses anteriores.

Contía: 2.000 euros (a xornada completa).

Obrigas, entre outras: Manter  no cadro de persoal aos traballadores subvencionados, así como o número de persoas traballadoras fixas, durante 2 anos dende a transformación.

 

3. PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL

Calquera modalidade de contratación temporal  de duración mínima de 6 meses, realizada entre o 01/01/2016 e o 30/09/2016, con persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego.

A contratación deberá supoñer un incremento do emprego neto da entidade respecto á media dos 3 meses anteriores.

Contía: 200 euros por cada mes completo de duración do contrato, ata un máximo de 12 meses (20 euros mensuais adicionais, no caso de que a persoa contratada sexa unha muller).

Obrigas, entre outras: Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención.

 

4. PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS DESEMPREGAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

Contratacións indefinidas iniciais e contratacións de carácter temporal realizadas entre o 01/01/2016 e o 30/09/2016, con persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social, citados na orde da convocatoria (duración mínima 6 meses); e a persoas desempregadas perceptoras da RISGA (duración mínima 7 meses).

Coa contratación indefinida inicial ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa respecto aos 3 meses anteriores á contratación.

Coa contratación indefinida inicial e coa contratación temporal ten que incrementarse o emprego neto da empresa, respecto aos tres meses anteriores á contratación.

Contías:

.- Contratacións indefinidas iniciais: 10.000 euros.

.- Contratacións temporais: entre 2.500 euros e 5.000 euros.

Obrigas, entre outras:

.- Contratación indefinida inicial: Manter no cadro de persoal fixo aos traballadores subvencionados durante 2 anos dende a contratación.

.- Contratación temporal: Manter no cadro de persoal a persoa traballadora polo tempo que dure a contratación obxecto da subvención.

 

 

PROGRAMA DE FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN

Entidades beneficiarias: empresas privadas.

Non son subvencionables as empresas persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, cooperativas e sociedades laborais; salvo que sexan cualificadas como Iniciativa Local de Emprego (ILE).

Requisitos, entre outros:

.- Empresas de nova creación (que inicien a actividade a partir do 01/01/2016)

.- Que xeren emprego estable a persoas desempregadas.

.- Promovidas como máximo por 5 persoas (ningunha persoa xurídica).

.- Capital social máximo 120.202 euros.

.- Como mínimo o 50% do capital social serán desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

 

Tipos de axuda:

1. SUBVENCIÓN Á XERACIÓN DE EMPREGO ESTABLE

Creación de postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os dos propios promotores, ocupados por desempregados, creados dende o 01/01/2016 ata o 30/09/2016.

Contías: entre 4.500 euros e 6.000 euros por posto, ata un máximo de 10. Incentivo dun 15% adicional, cando a empresa teña o seu domicilio social e centro de traballo nun concello rural.

 

2. SUBVENCIÓN PARA FORMACIÓN

Formación relacionada coas funcións xerenciais dos promotores e/ou formación relacionada coa actividade que vai a desenvolver; impartida por entidades públicas ou privadas.

Contía: Ata o 75% do custo, máximo 3.000 euros polo conxunto dos cursos e actividades de formación recibidas.

 

3. SUBVENCIÓN PRA O INICIO DA ACTIVIDADE

Gastos subvencionables: compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos; arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos; gastos de seguro do local; publicidade; e subministracións.

Contías: entre 3.000 e 4.800 euros por emprego subvencionable, ata un máximo de 10.

 

4. SUBVENCIÓN PARA CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, LABORAL E FAMILIAR DAS PERSOAS PROMOTORAS

Dirixido a persoas promotoras, con fillos menores de 3 anos, que creen o seu propio posto de traballo estable e polo cal se obtivese a “subvención á xeración de emprego estable”, titulares de familias monoparentais ou ben de familias nas que ambos cónxuxes realicen unha actividade laboral.

Contía: 75% do custo do servizo de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros.

Prazos de solicitude.

Prazo xeral, ata o 30/09/2016.

As solicitudes de subvención á xeración de emprego estable polas actuacións realizadas antes do 18/07/2016, o prazo de solicitude será ata o 18/08/2016.

Obrigas, entre outras:

.- Realizar a actividade durante 2 anos.

.- Manter a forma xurídica 1 ano.

.- Manter no cadro de persoal aos traballadores subvencionados 2 anos

 

OUTRAS AXUDAS DESTACABLES

  • PROGRAMA DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS ÁS INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA.

Prazo xeral de solicitude: Ata o 30/09/2016.

  • AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS TAXI ADAPTADOS A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA (EUROTAXI).

Prazo xeral de solicitude: Ata o 14/10/2016.

  • AXUDAS ECONÓMICAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES

Prazo xeral de solicitude: Ata o 29/08/2016.

  • PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL (RSE), A IGUALDADE LABORAL E A CONCILIACIÓN LABORAL NAS PEMES GALEGAS.

Prazo xeral de solicitude: Ata o 29/08/2016.

  • SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL (PROGRAMA APROL-ECONOMÍA SOCIAL)

Prazo xeral de solicitude: Ata o 27/08/2016 (Programas I, II, V e VI); e ata o 30/09/2016 (Programas  III e IV).

 

  • SUBVENCIÓNS PARA O REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑO DE SANTIAGO

Prazo xeral de solicitude: Ata o 08/09/2016.