A Consellería do Medio Rural acaba de sacar unha liña de axudas para explotacións leiteiras que estean en dificultades financeiras derivadas da súa actividade.

 

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas titulares de explotacións de vacún de leite que estean en algunha das  seguintes situacións:

– Que teñan cotas vencidas e impagadas ou embargos de préstamos concedidos para a mellora da súa explotación.

– Que modifiquen as condicións de créditos concedidos (refinanciación, ampliación de prazo de pagamento ou período de carencia do capital).

– Que posúan débedas con provedores da explotación gandeira vencidas e non pagadas con un prazo de máis de tres meses dende o vencemento.

 

Entre as obrigas esixidas ao percibir a axuda está a de exercer a actividade agraria polo menos durante cinco anos dende o pago de dita axuda e acreditar nun mes dende o pagamento da mesma que o importe foi destinado aos conceptos subvencionados. O prazo de solicitude remata o 29 de agosto.