este-nadal-toca-en-melideA sorte hai que tentala e este Nadal a clientela do comercio de Melide terá máis oportunidades ca nunca para facelo: oitenta e nove negocios participan na campaña de dinamización comercial que organiza cada ano Asetem co gallo de fomentar as compras na vila durante estas datas especiais e a través da cal se repartirán 6.000 € en premios.

A cifra de participación supón un récord absoluto, pois nunca antes nas dezasete edicións que xa conta Este Nadal toca en Melide se sumara tal número de establecementos.   O anterior récord acadouse precisamente o ano pasado, cando participaron 83 negocios asociados a Asetem.

Agora dende a patronal melidense agardan “que empresas e comercios se impliquen de igual xeito no reparto de rifas” para superar tamén o número de boletos distribuídos na campaña pasada (foron 59.000) e “para que a sorte e o nome do comercio de Melide chegue ao maior número posible de recunchos”.

A campaña de Nadal  deu comezo o 1 de decembro e prolongarase ata o 8 de xaneiro; 39 días durante os cales toda persoa que merque nalgún dos comercios ou empresas participantes recibirá boletos para participar no sorteo de 6.000 euros en premios distribuídos do seguinte xeito: un premio de 2.000 euros, dous premios de 1.000 euros, tres premios de 500 euros e dous premios de 250 euros.

 

 

Premio asegurado

O sorteo realizarase ante notario o día 9 de xaneiro no transcurso dunha gala que dará comezo ás 21:00 horas na Casa da Cultura con entrada libre ata completar aforo. Extraeranse sete números cos seus correspondentes reservas. Todos eles serán difundidos a través dos medios de comunicación e abrirase un prazo de 20 días para que os ganadores presenten os boletos agraciados nas oficinas de Asetem. Non obstante, un dos galardóns de 250 euros será sorteado só entre as persoas que asistan á gala de clausura, para o cal recibirán un número á entrada do acto. Iso si, sempre e cando amosen rifas que demostren ter mercado en Melide este Nadal.

 

Unha gala con música e humor

victor-grande-2Nos últimos anos a extracción dos boletos premiados na campaña Este Nadal toca en Melide convértese en todo un espectáculo. A edición 2016/2017 non ía ser menos e por iso, coa Casa da Cultura como escenario e grazas á colaboración do Concello de Melide, o sorteo terá como marco unha gala na quedani-royo-1
non faltarán a música e o humor, ingrediente este último que se encargará de poñer o humorista Víctor Grande, quen actuará como mestre de cerimonias.

Curtido nos escenarios, sobre os que leva feito máis dun milleiro de actuacións en clave cómica, Víctor Grande e a súa “guitarra zurda” déronse a coñecer no panorama nacional tralo seu paso polo concurso Tú sí que vales, aínda que o monologuista xa tiña traballado no programa Land Rober da TVG e dirixido unha sección semanal de humor en Radio Coruña Cadena SER. El será tamén o encargado de darlle paso á parte musical da gala, onde cobrará protagonismo Dani Royo & Versións Band, un zaragozano criado en Galicia que acompañado pola súa banda traerá a Melide o mellor pop-rok.