PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTONOMAS. CONVOCATORIA 2017
(DOG 144, DO 31/07/2017)
Beneficiarias:
Traballadores autónomos que teñan unha antigüidade na actividade empresarial ou profesional interrompida, que teñan un rendemento neto reducido de actividades económicas inferior a 30.000 euros (segundo a declaración de IRPF 2016) e unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) no citado exercicio.
Bono autónomo: 3.000 €, en pagamento anticipado, destinados á mellora da competitividade empresarial ou profesional.
Servizos subvencionables, realizados entre o 01/08/2017 e a data límite de xustificación que figure na resolución, co máximo do 20/12/2017:
.- Profesionalización: servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.
.- Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, marketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.
Tamén será subvencionable o importe do cofinanciamento privado, asumido polo autónomo, dos servizos contratados co IGAPE a través do programa Re-Acciona, da convocatoria de 2017 e sucesivas.
Entre outras obrigas, as persoas beneficiarias deberán permanecer de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos por un tempo mínimo de 2 anos dende a solicitude da subvención.
Prazo de solicitude: Ata o 31/08/2017
Concorrencia non competitiva, polo que se subvencionarán os expedientes por orde de presentación ata esgotamento do crédito (os 1.000 primeiros expedientes que cumpran os requisitos).