SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL. (DOGA Nº 153 do 11 agosto de 2017)

Beneficiarios:

Empresas persoas físicas ou xurídicas, pemes, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica.

Requisitos, entre outros: que estean de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo II da Orde da convocatoria e que esta constitúa a actividade principal de forma ininterrompida, nos últimos dous anos. Ademáis deben desenrolar a súa actividade comercial retallista nun establecemento de ata 150 m2 de superficie de exposición e venda (agás a actividade 653.1 do IAE).

Prazo de solicitude: Ata o 11/09/2017.

As actuacións subvencionables, que deben ser realizadas e pagadas entre o 01/01/2017 e o 30/11/2017, son:

1.- PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL:

.-Considerase expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial, podendo basearse este no desenrolo do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversifiacación de produtos ou clientes. Os proxectos deberán responder a unha idea comercial innovadora.

.-Debe existir o compromiso de contratar a unha persoa por un período mínimo de un ano.

.- Investimento mínimo subvencionable 10.000€ e máximo 60.000€.

.- Cuantía : 50% do investimento.

2.- PROXECTOS PILOTO POP UP PARA A EXPANSIÓN COMERCIAL:

.-Considerase proxecto piloto pop up a apertura, por un prazo máximo de 2 meses, dun novo establecemento comercia, nun concello distinto ao que se ven desenvolvendo a actividade co obxecto de testar ao novo mercado. Os proxectos deberán responder a unha idea comercial innovadora.

.- Investimento máximo subvencionable 7.000€.

.- Cuantía : 50% do investimento.

3.- TITORIZACIÓN DE PROXECTOS DE EXPANSIÓN DIXITAL:

.- Considerase proxecto de expansión dixital o asesoramento profesional e especializado para a implantación e titorización dun plan de comunicación dixital, personalizado e adecuado ao target do comerciante beneficiario, de cara a determinar o seu posicionamento en plataformas dixitais e definir a súa estratexia comercial dixital.

.- Investimento máximo subvencionable 1.800€.

.- Cuantía : 60% do investimento.