SUBVENCIÓNS  PARA A DIXITALIZACIÓN E MODERNIZACIÓN DE EMPRESAS COMERCIAIS E ARTESANAIS (DOG. 23, DO 01/02/2018)

Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, que sexan comerciantes retallistas de alta nalgún dos epígrafes da orde da axuda e desenvolvan a súa actividade comercial nun establecemento con superficie de venda ata 300 m2 (agás IAE 653.1); ou titulares de obradoiros artesanais, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Actuacións subvencionables, realizadas entre o 01/01/2018 e o 30/10/2018:

  • Implantación de solucións dixitais, en concreto:
  1. a) Implantación ou actualización de páxinas web comerciais e a mellora da imaxe en liña dirixidas á comercialización dos seus produtos.

Investimento máximo: implantación páxina web (1.000€, IVE excluído), implantación páxina web con venda en liña (4.000 €, IVE excluído); mellora da páxina web con venda en liña (1.000€, IVE excluído).

Contía: 50% do investimento.

  1. b) Implementación dun packaging para a venda en liña. Investimento máximo, 5.000€ (IVE excluído). Contía: 50% do investimento.
  2. c) Ferramentas de xestión comercial. Investimento máximo, 3.000€ (IVE excluído). Contía: 50% do investimento.
  3. d) Servizos de xestión de redes sociais, no marco do programa Social Commerce.

2)   Proxectos de modernización do local, incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo, concretamente:

  1. a) Obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda.
  2. b) Moblaxe e equipamento especializado para a exposición do produto, de uso exclusivo na zona de exposición e venda.
  3. c) Mellora da fachada exterior do local, instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

O investimento do conxunto destas actuacións deberá estar entre 15.000 e 30.000€, IVE excluído. O importe máximo poderá incrementarse en 2.000€ para gastos do proxecto de interiorismo e decoración.

Contía: 50% do investimento.

Prazo: Ata o 01/03/2018

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA E IMPULSO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR ARTESÁN (DOG 23, DO 01/02/2018)

Beneficiarios, entre outros: Titulares de obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, asociacións profesionais e empresariais de artesáns de Galicia.

Prazo: ata o 01/03/2018

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL E NOVAS FÓRMULAS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL (DOG 23, DO 01/02/2018)

Beneficiarios: Comerciantes persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, de alta nalgún dos epígrafes da orde da axuda e desenvolvan a súa actividade comercial nun establecemento con superficie de venda ata 300 m2 (agás IAE 653.1).

Actuacións subvencionables, realizadas entre o 01/01/2018 e o 15/09/2018:

.- Apertura dun novo establecemento comercial de carácter innovador, por comerciantes retallistas que sexan titulares doutro establecemento en Galicia e que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida. O proxecto deberá incluír o compromiso de contratación de 1 traballador durante 1 ano, como mínimo.

Gastos subvencionables: obras de acondicionamento na zona de venda, moblaxe e equipamento de exposición da superficie de exposición e venda, mellora da fachada exterior, toldos, carteis, letreiros ou similares, así como os custos de realización do proxecto.

O investimento do conxunto destas actuacións deberá estar entre 10.000 e 60.000€, IVE excluído. O investimento máximo do proxecto será 3.000€. Contía: 50% do investimento.

.- Proxectos piloto pop up para a expansión comercial, por un prazo máximo de apertura de 2 meses nun concello distinto a aquel en que o comerciante veña desenvolvendo a actividade.

Gastos subvencionables: alugueiro de local ata 2 meses, acondicionamento da superficie de exposición e venda e mellora da imaxe da fachada, adquisición ou alugamento de moblaxe ou equipamento de exposición do produto de uso exclusivo na zona de exposición e venda, transporte da mercadoría, publicidade e promoción da pop up.

Investimento máximo, para o conxunto destas actuacións, 8.000€ (IVE excluído). Contía: 50% do investimento.

Subvención máxima: 1.500€ (alugueiro do local), 500€ (transporte da mercadoría), e 1.000€ (publicidade e promoción).

Prazo: Ata o 02/04/2018