AXUDAS Á PROMOCIÓN DE EMPREGO AUTÓNOMO E AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORES AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS (DOGA nº 19 DO 26/01/2018)

Programa I: PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

Beneficiarios: Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego, que causen alta en autónomos entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018

Obrigas: Realizar a actividade durante dous anos

Contía: 2.000 euros podendo chegar ata 8.000 euros dependendo do colectivo

Prazo: ata o 30 de setembro

Programa II: AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORES AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

Beneficiarios: Autónomos pola primeira contratación que fagan con carácter indefinido durante o primeiro ano de actividade, ou pola segunda e terceira contratación con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade; realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018

Obrigas: manter a persoa contratada 2 anos, así como o cadro de persoal fixo

Contía: 3.000 euros para a primeira persoa e 5.000 euros para a segunda e terceiras, que se poden incrementar dependendo dos colectivos con un máximo de 10.000 euros para a primeira persoa e 14.000 euros para a segunda e terceiras

Prazo de solicitude:

.- Para contratos para os contratos celebrados entre o 01/10/2017 e o 26/01/2018, ata o 26/03/2018

.-  Para contratos feitos a celebrados dende o 27/01/2018 teñen de prazo ata o último día do segundo mes seguinte a data de contratación, e como máximo 30/09/2018