O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) vén de publicar a ampliación de prazo de solicitude das axudas PEL PEME (Contratación inicial e mantemento), e PEL EMPRENDE (Apoio ao investimento), de xeito que se poderán presentar solicitudes ata o 06/04/2018 ata as 14.00 horas.
Por outra banda, tamén saiu unha corrección de erros da axuda PEL PEME, para o MANTEMENTO DO EMPREGO, de xeito que tamén serán subvencionables a transformación a indefinidos de contratos temporais que foran subvencionados na convocatoria PEL PEME 2017, sempre que a transformación se realice antes da presentación da solicitude da axuda.
MODIFICACIÓNS SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN A CORUÑA:
AXUDAS Á CONSOLIDACIÓN E AO FORTALECEMENTO DO TECIDO EMPRESARIAL NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE A CORUÑA (PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO 2018) – DEPUTACIÓN DA CORUÑA (BOP 32, 15/02/2018)
Beneficiarios: Persoas físicas e xurídicas, titulares dunha actividade económica na provincia de A Coruña, que teñan unha antigüidade na actividade máxima de 5 anos.
Investimento mínimo 2.500 € e máximo de 25.000 € (IVE excluído), realizado entre o 01/01/2018 e o 31/12/2018.
Contía máxima a solicitar: 80%.
Gastos subvencionables: Aplicacións informáticas, así como creación, actualización e mellora de páxinas web; maquinaria; bens de equipamento; elementos de transporte interno; ferramentas; mobiliario; equipos de oficina, ordenadores e demais conxuntos electrónicos.
Prazo de solicitude: Ata 06/04/2018, ata as 14.00 horas
PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN PARA A CREACIÓN E AMPLIACIÓN DO CADRO DE PERSOAL DE PEQUENAS, MEDIANAS EMPRESAS E MICROEMPRESAS (PEL-PEMES) – DEPUTACIÓN DA CORUÑA (BOP 32, 15/02/2018)
Beneficiarios: Pequenas, medianas empresas e microempresas, empresario individual, profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, que teñan domicilio fiscal e centro de traballo nun concello da provincia de A Coruña de menos de 20.000 habitantes.
O traballador contratado ou a contratar terá que ser desempregado e inscrito como demandante de emprego na Oficina de Emprego e deberá estar empadroado nun municipio da provincia de A Coruña.
A contratación deberá realizarse por un período mínimo de 12 meses, en calquera modalidade de contratación vixente, a xornada completa ou parcial. Serán subvencionables as contratacións realizadas dende o 01/01/2018 e ata os 2 meses posteriores á data de resolución desta axuda.
Contía da axuda: 75% dos costes salariais da contratación (salario bruto e seguridade social a cargo da empresa), por un período máximo de 12 meses.
Obrigas: manter o nivel de emprego acadado coa contratación; é dicir, o número de traballadores da empresa, na data de finalización do período subvencionado, deberá ser igual ou maior que o número de traballadores que teña a empresa a 15/02/2018.
Prazo de solicitude: Ata 06/04/2018, ata as 14.00 horas
PROGRAMA DE INCENTIVOS AO MANTEMENTO DO CADRO DE PERSOAL DE PEQUENAS, MEDIANAS EMPRESAS E MICROEMPRESAS (PEL-PEMES MANTEMENTO) – DEPUTACIÓN DA CORUÑA (BOP 32, 15/02/2018)
Beneficiarios: empresas beneficiarias da convocatoria de PEL PEMES 2017, e ao abeiro desta axuda realizasen unha contratación indefinida que se manteña na data da solicitude desta axuda; ou ben que realizasen unha contratación temporal e procederon a súa transformación a indefinido con carácter previo á presentación da solicitude PEL-PEMES MANTEMENTO.
Contía da axuda: 50% dos costes salariais da contratación (salario bruto e seguridade social a cargo da empresa), por un período máximo de 12 meses. O cómputo do novo período subvencionable iniciarase unha vez rematado o período subvencionable da convocatoria PEL PEMES 2017.
Obrigas: manter o nivel de emprego acadado coa contratación; é dicir, o número de traballadores da empresa, na data de finalización do período subvencionado, deberá ser igual ou maior que o número de traballadores que teña a empresa a 15/02/2018.
Prazo de solicitude: Ata 06/04/2018, ata as 14.00 horas