PROGRAMA A PROL DA CONTRATACIÓN E FORMACIÓN DAS PERSOAS MOZAS

CONVOCATORIA PARA O ANO 2018. (DOG 72 DO 13/04/2018)

Estas axudas están dirixidas a facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Tipos de axuda:

.- BONO DE CONTRATACIÓN. Subvención para os contratos celebrados con persoas desempregadas menores de 30 anos.

Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 16/12/2017 ata o 30/09/2018.

A contratación deberá ter unha duración mínima de 12 meses, a xornada completa ou parcial, cunha xornada mínima neste último caso do 50% da xornada completa prevista en convenio colectivo ou da xornada máxima legal.

Con esta contratación ten que incrementarse o emprego neto da empresa con respecto aos tres meses anteriores.

Contía dos incentivos: dende 5.000 euros por cada persoas desempregada, contratada a xornada completa. Esta contía podería incrementarse en determinados casos, podendo chegar ata 8.000 euros de axuda, por traballador a xornada completa.

.- BONO DE FORMACIÓN (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co traballo.

A acción formativa deberá ter un mínimo de 50 horas de formación teórica, ás que asista integramente a persoa traballadora; e terá lugar dentro dos 3 primeiros meses de contratación, e como máximo ata o 15/12/2018. No caso de contratos realizados ata o 13/04/2018, a actividade formativa levarase a cabo antes do 13 /07/2018.

Contía: Esta formación incentivarase con unha axuda de 2.000 euros, por cada persoa contratada que a reciba na súa integridade.

Entidades beneficiarias: Persoas autónomas e empresas, calquera que sexa a forma xurídica (incluídas sociedades civís e comunidades de bens).

Prazos de solicitude:

.- As solicitudes das axudas polas contratacións realizadas entre o 16/12/2017 e o 13/04/2018, terán de prazo de presentación ata o 13/06/2018.

.- As solicitudes das axudas polas contratacións realizadas a partir do 14/04/2018, terán de prazo de presentación 2 meses dende a data de inicio do contrato, e co máximo, en todo caso ata o 30/09/2018.