A cantante e artista galega Eva Iglesias vén de renovar como imaxe do Centro Comercial Aberto Asetem. Trala colaboración do ano pasado e os bos resultados obtidos, dende a Asociación de Empresarios Terra de Melide optouse por continuar cun plan de traballo conxunto, durante un ano máis, mediante o cal a popular colaboradora televisiva presentará as pasarelas de moda que organiza a asociación, ademais de participar noutras campañas aínda por determinar. Durante a sinatura do contrato, tanto o seu representante como o presidente da patronal amosáronse satisfeitos polo acordo.
(Na imaxe: Alberto Devesa, representante de Eva Iglesias, e Manuel Vázquez, presidente de Asetem, durante a sinatura do contrato)