AUTÓNOMOS:

PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS, CONVOCATORIA PARA 2019

(DOG 124, DO 02/07/2019)

Beneficiarios:

1.- As persoas autónomas que estean de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou mutualidades de colexios profesionais, con unha antigüidade efectiva de máis de 42 meses, contados na data da solicitude; que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas na declaración do IRPF inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima de 12.000 euros anuais (IVE incluído), declarados no ano anterior ao da convocatoria.

2.- Sociedades e comunidades de bens, que teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na actividade empresarial superior a 42 meses; que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 € (IVE incluído); e con unha base impoñible no imposto de sociedades de 2017 inferior a 30.000 euros (ou rendemento neto reducido dos rendementos das actividades económicas do IRPF inferior a 30.000 euros, no caso de tributación en réxime de atribución de rendas).

No caso de autónomos que tributen en módulos, deberán facer unha declaración responsable da facturación emitida no 2018.

Liñas de axuda:

  1. Mellora da competitividade a través dos seguintes SERVIZOS:

Investigación de mercado; plan de marketing; plan de comunicación de negocio; plan estratéxico de negocio; plan de crecemento; plan de reorientación de negocio; plan de uso de novas tecnoloxías no negocio; plan de refinanciamento.

  1. Mellora da competitividade a través dos seguintes INVESTIMENTOS:

Compra de maquinaria, útiles e ferramentas; reforma do local do negocio, equipamentos informáticos; rótulos; aplicacións informáticas e páxinas web; creación do logotipo do negocio; e mobiliario.

Serán subvencionables os investimentos e gastos realizados dende o 03/07/2019 ata a data límite de xustificación establecida na resolución de concesión da axuda, co límite do 31 de decembro de 2019.

Contía: 80%, co límite máximo de 3.000 € polo conxunto de actividades subvencionables.

Obrigas, entre outras: permanecer de alta no RETA ou mutualidade por un período mínimo de 2 anos dende a solicitude da axuda.

Prazo de solicitude: Ata o 02/08/2019.