SUBVENCIÓN PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO E DE RESTAURACION, ANO 2020. (DOGA 227, DO 28/11/2019)

Obxecto: Mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración seguintes:

  1. Establecementos hoteleiros (hoteis e pensións), campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos.
  2. Restaurantes que se enmarquen no grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011 de Turismo de Galicia

Investimentos subvencionables, realizados a partir do 01/01/2020:

.- Mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

.- Mellora das instalacións a fin de obter certificacións de calidade, como a “Q de Calidade Turística”.

.- Obras de adaptación  á normativa e mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

.- Renovación e modernización das instalacións e dos exteriores.

.- Equipamentos mobles precisos para o funcionamento.

.- Mellora da climatización.

O investimento máximo será de 100.000 € (IVE excluído).

Beneficiarios: Persoas físicas e xurídicas, titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, autorizados e clasificados polo REAT, cunha antigüidade na actividade, nese establecemento, dun mínimo de 5 anos.

Contía da axuda: ata o 35%, co máximo de 35.000 €.

Obrigas, entre outras: Manter a actividade durante un mínimo de 5 anos a partir da data da liquidación definitiva da subvención.

Prazo de solicitude: Ata o 30/12/2019.

SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA PAISAXÍSTICA E DE EMBELECEMENTO DE BENS E RECURSOS QUE SE ATOPEN NO CAMIÑO DE SANTIAGO, PARA O ANO 2020. (DOGA 229, DO 02/12/2019)

Actuacións subvencionables, cando se realicen a partir do 01/01/2020: actuacións sobre elementos etnográficos (lavadoiros, hórreos, pontes, muíños, fontes…); actuacións sobre a casa e a eira; actuacións no espazo agrario; actuacións mellora de axardinamento do camiño e incorporación de vexetación; e actuacións no propio trazado.

Beneficiarios: entidades locais, persoas físicas e xurídicas, comunidades de propietarios e agrupacións destas, asociacións veciñais, comunidades de montes e calquera outra institución ou asociación.

Contía: 75% do investimento subvencionable, co límite de 15.000 euros para entidades locais, e de 10.000 euros para o resto dos beneficiarios.

Prazo de solicitude: Ata o 02/01/2020.