Todas as empresas asociadas a Asetem – Centro Comercial Aberto, así como os seus traballadores, poderán beneficiarse dun desconto do 10% sobre o prezo orixinal na obtención do CAP (Certificado de Aptitude Profesional) en Autoescola Marte de Melide.

O desconto é posible grazas a un convenio de colaboración entre o centro de formación e a patronal. En palabras da xerente de Asetem – CCA, Pilar López, “unha boa oportunidade para todos aqueles condutores que precisen obter o CAP e que sexan socios ou empregados dun establecemento pertencente a Asetem”.