Asetem-CCA prepara un curso de formación para coñecer as medidas hixiénico-sanitarias a ter en conta fronte ao COVID-19. Coas datas e o horario aínda por determinar, a formación desenvolverase en Melide, durará tres horas e estará dirixida tanto aos socios como aos non socios de Asetem.
Será en modalidade presencial con grupos de 10 persoas máximo, cumprindo así coas indicacións das autoridades sanitarias, e os asistentes estarán obrigados a acudir con máscara de protección e luvas.
A empresa encargada de realizar a formación é CVV INFORAID S.L. e ao remate os asistentes obterán un certificado acreditativo.
No temario abordaranse aspectos como información xeral sobre o COVID-19, medidas preventivas nos desprazamentos e ao inicio da actividade, medidas organizativas e para garantir a distancia de seguridade, medidas hixiénicas e de limpeza (produtos autorizados polo Ministerio de Sanidade), medidas hixiénico-sanitarias en hostalería e comercio, uso de máscaras e equipos de protección individual (EPI), e xestión de residuos. Haberá ademais unha parte práctica.
Todos aqueles que estean interesados en realizar a formación xa poden anotarse ben a través de correo electrónico (info@asetem.com) ou ben a través do teléfono 698 13 23 24.