Foi unha experiencia piloto motivada polas circunstancias sanitarias que vivimos, pero o experimento saíu ben. Así podería resumirse o balance dos primeiros Días Brancos do comercio melidense celebrados do 17 ao 19 de xuño. Se ben é certo que “non se produciron as aglomeracións que espertaba a Noite Aberta, si houbo bastante movemento nos diferentes establecementos”, explicou Pilar López, xerente de Asetem-CCA. Como anécdota destacar que se recibiron centos de correos para participar nos diferentes sorteos organizados dende a asociación.
Entradas recientes
- Bases da campaña «O comercio que coida»
- Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial
- Axudas de promoción do emprego ás persoas autónomas, bono nova oportunidade e bono remuda
- Subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento
- Cerne 240 – Febreiro 2026





