O Concello de Toques e Melide establecen un marco de colaboración para a creación de dúas sendas peonís que unan os dous municipios.
A semana pasada, os alcaldes e tenentes de alcaldes das dúas administracións locais reuníronse para traballar en temas de interese para a veciñanza de ambas localidades.
O punto forte deste encontro é a creación de dúas sendas homologadas de sendeirismo que unirá os dous concellos. Estes camiños van transcorrer polas zonas máis representativas da xeografía da nosa comarca. Este proxecto permitirá contar con catro (actualmente xa hai dúas no concello de Toques) rutas homologadas e interconectadas entre si, grazas a estes traballos a veciñanza poderá desfrutar do entorno natural de ambas localidades.
A primeira ruta unirá os dous núcleos municipais e poñerá en valor o percorrido que pasa polo punto máis alto da provincia da Coruña, o Coto do Pilar, accedendo a el a través dos Montes do Bocelo. A segunda andaina descorrerá ao longo do río Furelos dende a Ponte Medieval de Furelos ata as Fervenzas de Toques.