A Xunta de Galicia abriu o prazo para presentar as solicitudes para a realización de proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade económica no campo do comercio, hostalería ou artístico-recreativo en Galicia.
Son proxectos subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro que conte cun presuposto de, polo menos, 1.000 euros sen incluír o IVE. Cada solicitude pode presentar unha única solicitude por centro de traballo, iso si, cada solicitude poderá incluír unha ou varias actuacións de distinta tipoloxía dentro das recollidas nas bases da convocatoria.
Os traballos que poden recibir estas axudas son os que procuran unha inversión en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación:
- Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou térmico. Só serán subvencionables toldos de cor branca e/ou negra e variantes destas cores).
- Bono iluminación: renovación de equipamentos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos rótulos e escaparate, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.
- Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas que garanta unha subministración con calidade e fiabilidade (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).
- Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera cualificación enerxética B ou superior.
- Bono climatización: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Esta medida inclúe exclusivamente as instalacións fixas con potencia superior a 5kW destinadas á climatización, ventilación e/ou produción e consumo de auga quente sanitaria do establecemento.
- Bono inmótoca: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o 30 de xuño de 2021.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210413/AnuncioG0474-180321-0003_gl.html.