CAMPAÑA “DÍA DA NAI 2021”
BASES DA CAMPAÑA: “UNHA XOIA PARA MAMÁ”

1. Entidade organizadora: ASETEM – CCA
2. Participantes: poden participar todas persoas maiores de 18 anos que merquen entre o luns 26 de abril e o domingo 2 de maio nun dos comercios participantes na campaña do Día da Nai.
3. Duración e dinámica da actividade: para este ano a asociación decidiu realizar unha campaña de dinamización do comercio local co gallo do Día da Nai. Para isto, ASETEM vai realizar un sorteo titulado “Unha xoia para mamá”, valorado en 200 euros e para gastar nunha das catro xoierías asociadas: Silvela, Roval, Oro Ley e Pereiro. Os establecementos participantes terán posto no mostrador cartelería, unha furna e papeletas para cubrir e participar no sorteo. Estas papeletas levarán escrito: nome e apelidos, teléfono e data da compra. O 5 de maio pola mañá realizarase o sorteo para dar a coñecer o gañador ou gañadora, esta escolla aleatoria da papeleta será retransmitida en directo a través do Facebook de ASETEM – CCA. Ademais, a asociación de empresarios melidense poñerase en contacto co gañador ou gañadora mediante o número de teléfono facilitado na papeleta. MOI IMPORTANTE: os compradores deberán conservar o tícket de compra para, no caso de ser os afortunados ou afortunadas, traelo ás oficinas da asociación para entregarlle o vale “Unha xoia para mamá”. A persoa afortunada poderá gastar os 200 euros ata o 31 de decembro de 2021.
4. Período de participación para entrar no sorteo: entrarán no sorteo todas as papeletas dos compradores das compras da semana do 26 de abril ao 2 de maio.
5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.