A Asociación de Empresarios da Terra de Melide organiza unha actividade para o Día da Nai moi especial, na cal o comercio local é o gran protagonista e na que mercar pode ter premio.
Este ano, a entidade empresarial quere promover e impulsar o comercio local melidense con motivo de agasallar a todas as nais da vila. Para conseguilo, ASETEM – CCA sorteará un vale de compra valorado en 200 euros entre as compras que se fagan durante o 26 de abril e o 2 de maio (ambos incluídos). Este bono, chamado “Unha xoia para mamá”, será válido para gastar nunha das catro xoierías asociadas que son: Xoiería Pereiro, Oro Ley, Silvela e Roval.
Ademais, ASETEM –CCA quere ter un detalle coas persoas que acudan a mercar o domingo 2 de maio aos seus comercios asociados e participantes na campaña. Por este motivo, a asociación entregou un lote de flores a cada un dos establecementos que forman parte desta actividade para que agasallen cunha flor de tempada ás persoas que vaian mercar, para así encher tamén as rúas de Melide de cor e alegría no Día da Nai.
A campaña do Día da Nai conta con máis de 40 establecementos participantes, unha das accións máis numerosa, eses son: Colorín Colorado, Coral Peluquería, Muxica Tenda Xoven, Romero Zapaterías, Librería Victorio, Mis Mejores Labores, Diva Pro, Xoiería Oro Ley, Xoiería Roval, Calzados Broz, Meixela, Parafarmacia ‘O Cantón’, Supermercado Gómez, M&M Moda, Floristería Maru, Electrosan, Carnicería Cardelle, Óptica Melide, Floristería Tarrio, Xoiería Silvela, Floristería Strelizia, Borboriño Xeados, Mercería Isabel, Anic Difusión, Pastelería Estilo, Casa Juanito, Casa Santos, Sport Moda, Electricidade Vilela, Estanco Angarela, Sueños, Dándolo, Pasarela, Sakho, Óptica Tábora, Casa Santos, Laia Zapateiros, Xoiería Pereiro, Librería Cousas, Óptica Alain Afflelou, Leiva Motorsport e Melimática.
O sorteo para coñecer o gañador ou gañadora do vale “Unha Xoia para Mamá” celebrarase o 5 de maio pola mañá e retransmitirase en directo a través da páxina de Facebook da Asociación de Empresarios da Terra de Melide. Os compradores e compradoras deben conservar o tícket para entregar no caso de ser os afortunados ou afortunadas da sorteo.