A metodoloxía innovadora do CEIP de Arcediago, en Santiso, chamou a atención dos servizos informativos de Radio Nacional de España (Radio 5) e por ese motivo, un do seus reporteiros visitou o centro educativo para coñecelo mellor e preparar unha peza que se escoitou en todo o ámbito do Estado.
O profesorado, as nais e pais do alumnado e o Concello de Santiso tiveron voz na reportaxe, que puxo de manifesto os motivos do éxito desta pequena escola. A innovación na metodoloxía de aprendizaxe, a través do coñecemento empírico, aproveitando o entorno natural, sumado á atención individualizada, grazas ao número reducido de alumnos por aula, estimulan a aprendizaxe de xeito natural e a ilusión por saber.
Así mesmo, destaca unha decidida aposta polas novas tecnoloxías, nun centro educativo no que todas as aulas teñen pizarras dixitais, hai un ordenador por cada dous alumnos e unha asignatura de robótica que permitirá a cada escolar dispoñer do seu propio robot co que traballar e aprender.
Ademais, o centro vén de triplicar o número de matrículas no pasado prazo de inscrición da matrícula. Polo que o vindeiro curso contará con seis novos alumnos e alumnas. Para escoitar a peza de Radio Nacional podes facelo no seguinte enlace: rtve.es/m/alacarta/auios/reportajes-emisoras/reportajes-emisoras-santiago-ceip-arcediago/5864928/