Fátima Lea, cantante e participante de Recantos, no programa Luar da Televisión de Galicia, organiza un concurso musical dirixido a nenas e nenos de 3 a 16 anos residentes nos concellos da comarca: Toques, Melide, Vilasantar, Curtis, Boimorto, Sobrado e Arzúa, que se celebrará mañá, sábado 29 de maio ás 16:30 horas no Polideportivo de Sobrado.
Nesta actividade colabora o Concello de Sobrado e Barbería Brian.