BASES DA CAMPAÑA: “DÍAS BRANCOS E NOITE ABERTA”
1. Entidade organizadora: ASETEM – CCA
2. Participantes: poden participar todas as persoas maiores de 18 anos que merquen durante o xoves 17 e venres 18 de xuño nos comercios inscritos na campaña que son: Leivamotosport, Romero Zapaterías, Óptica Tábora, Meixela, Mis Mejores Labores, Colorín Colorado, Parafarmacia Ulloa, Electrosan, Sakho Moda, Mercería Isabel, Melimática, Zapatería Pequeniños, Toysmaniatic, Óptica Affleou Melide, M&M Moda, Marvi, Pasarela Moda, Xoería Roval, Zapatería Broz, Salacadula Shop, Sueños, El Dándolo, Noguerol Cocina y Baño, Xoiería Oro ley, Creacións MJ e Muxica Tenda Xoven.
3. Duración e dinámica da actividade: esta iniciativa desenvolverase durante os días 17 e 18 de xuño nos comercios asociados a ASETEM que decidiron participar nesta campaña. Nestes establecementos haberá papeletas para cubrir por cada compra realizada, nas que se debe indicar o nome da persoa que mercou. O venres 18 ás 22:30 horas realizarase o sorteo de: unha escapada rural de fin de semana, tres lotes de queixos Arzúa – Ulloa e diversos lotes de compra para gastar nalgúns dos comercios participantes na campaña. Para poder optar aos premios que se sortean é imprescindible estar presencialmente no evento da celebración do sorteo.
4. Período de participación para entrar no sorteo: entrarán no sorteo todas as papeletas dos compradores das compras dos días 17 e 18 de xuño.
5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.