O Instituto Galego de Promoción Económica abre o prazo para solicitar os cheques dixitalización COVID – 19, dirixido a pequenas e medianas empresas.

  • Beneficiarios:
    • Pequenas empresas, incluído autónomos/as que cumpran a condición de pequena empresa, que desenvolvan calquera actividade no sector servizos.
    • Entidades de economía social (cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción, e centros especiais de emprego).
    • Asociacións empresariais, agrupacións industriais, escolas profesionais, sindicatos ou cámaras de comercio.
  • Proxectos obxecto de apoio: aqueles que promovan a adaptación dos beneficiarios á situación creada pola COVID – 19, mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais nas seguintes categorías.
    • Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas check-in/check out.
    • Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas de xestión de citas ou xestión de ringleiras.
    • Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
    • Sistemas de control de normas de calidade COVID -19.
    • Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
    • Sistema de catálogos efémeros, xestión de pedidos efémeros, notas de pedimento.
    • Cartelería electrónica para mensaxes á clientela e emisión de contidos en xeral.
    • Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalería (menús, cartas,…).
    • Sistemas de balizas.
    • Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados pola COVID – 19.
    • Adaptación da presenza en internet para o efecto da COVID – 19, mediante elementos como bots de conversión autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora de catálogos de produtos solucións de atención remota, sistemas pick and go e similares.
    • Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
    • Solucións de mellora da ciberseguridade.

Os proxectos deberán estar comprendidos os 1.500€ e os 12.000€ de gasto subvencionable, coas limitacións específicas de determinadas partidas de gasto. Serán subvencionables os proxectos realizados entre o 01/10/2020 e o 15/11/2021.

  • Gastos subvencionables:
    • Activos:
      • Equipos informáticos, sensórica, wearables e outro equipamento electrónico.
      • Licenzas de software estándar de mercado.
      • Dispositivos de conectividade cando o traballo se desenvolva e zonas rurais, na cal se deban realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso a redes.
    • Gastos de subscrición de software, como máximo durante un ano.
    • Colaboracións externas para a adaptación e personalización dos sistemas dixitais e adestramentro sobre a súa utilización.

A suma dos gastos subvencionables das letras a) e b) non superará os 10.000€. O gasto subvencionable máxima da letra c) será de 4.000€.

Contía: 80% dos gastos subvencionables, máximo 9.600€ por empresa. Unha vez concedida a axuda, o beneficiario recibirá un anticipo do 50% do importe da axuda.

Prazo de solicitude: ata o 30/09/2021ou esgotamento do crédito.

O DOG completo: xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200618/AnuncioO92-110620-0006_es.html