BASES DO SORTEO DO III MERCAMELIDE NO CAMIÑO

  1. Entidade organizadora: ASETEM-CCA
  2. Participantes: poden participar todas as persoas maiores de 18 anos coa súa conta vinculada e aceptan ceder os dereitos de difusión, modificación e publicación destas imaxes. Iso si, os participantes poden colgar fotografías de persoas de calquera idade. Todas as publicacións deben contar o cancelo #mercamelidenocamiño, etiquetar e ser seguidores de ASETEM – CCA no Facebook ou Instagram (@asetemmelide en Instagram e @asetem na páxina de Facebook).
  3. Duración e dinámica da actividade: durante os días 13,14 e 15 de agosto ata as 14:00 horas os participantes poden subir unha foto relacionada coa terceira edición do Mercamelide no Camiño, ben sexa dentro da carpa onde se vai celebrar a feira de oportunidades, mercando ou amosando os produtos expostos. A continuación, o día 15 ás 14:00 horas revisaranse as fotografías para realizar o sorteo e publicar o nome do gañador ou gañadora a través das redes sociais da asociación. As persoas afortunadas terán unha semana para recoller os vales de compra e ata o 31 de agosto de 2021 para gastalo.
  4. Premios: dous vales de compra de 60 euros cada un para consumir nos establecementos participantes no Mercamelide no Camiño.
  5. Aceptación: a participación nesta actividade implica a total aceptación das bases.