O Concello, a través da concellería de promoción económica e comercio, pon en marcha a segunda edición das tarxetas moedeiro ‘Merca en Melide’.
Esta nova parte da campaña trae importantes cambios, xa que o importe de cada tarxeta modificouse de 30 a 50 euros. Polo tanto, nesta remesa cada bono ‘Merca en Melide’ terá 50 euros, dos cales 30 ten que poñelos o usuario ou usuaria e os 20 euros restantes a administración municipal. Para adquirir esta axuda as persoas interesadas teñen dende o día 1 e ata o 17 de setembro ao Viveiro de Empresas (situado na planta baixa do Edificio Multiusos) en horario de mañá, de 10:00 a 14:30 horas. O único requisito para comprar esta tarxeta é ser maior de idade, non hai porque ser residente en Melide nin acudir de xeito presencial a persoa solicitante, e só se acepta o pago con tarxeta de crédito ou débito. Cada persoa pode coller un bono.
Os comercios participantes poden consultarse na páxina web de mercaenmelide.gal e en www.asetem.com. Os comercios que aínda non estean anotados poden facelo achegándose ao edificio do Concello de Melide.