A estrada provincial DP-7901, ao seu paso por Santiso, contará cunha senda peonil para mellorar a seguridade viaria da zona. A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 198.699 euros para a realización destas obras.
Estes traballos levaranse a cabo nun tramo duns 1,5 quilómetros, dende o punto quilométrico 0+130 ao 1+600 da vía que conecta as aldeas de Chorén e A Cruz (Santiso). Esta estrada é unha das principais arterias de comunicación do concello de Santiso, debido a que une a vía AC-840 co lugar de A Cruz, onde se atopa o edificio da administración municipal.
A senda peonil discorrerá ao mesmo nivel que a calzada e contará cunha anchura de metro e medio. Tamén se crearán espazos específicos para os contedores da zona eliminándoos dos lugares nos que supoñían un obstáculo para a visibilidade.