O Concello de Toques vén de aprobar os seus presupostos para o ano 2022 nos que destacan os máis de 760.000 euros en novas inversións.
A administración local toquense aprobou unha contía de 1.842.048 euros que conformarán os novos orzamento. Os case dous millóns de euros destinaranse nun 21,26% a gasto de persoal, o que supoñerá uns 391.678 euros.
Ademais, haberá unha partida específica para dedicar ao mantemento e conservación de servizos e infraestruturas, así como o reforzo dos servizos sociais ou gastos correntes, para estes eidos destinarase un 36,96% dos orzamentos, o que se traduce en 680.836 euros.
A parte máis importante destes orzamentos será o 41,41%, que supón uns 762.711 euros, e será destinada a novas inversións de carácter produtivo con especial mención ao gasto na mellora e na rehabilitación integral dos camiños da localidade que aumentará a seguridade viaria.
O alcalde do concello, Ángel Penas, afirma que son uns orzamentos “cun perfil inversor e expansivo que pretende cubrir as necesidades e demandas da veciñanza así como paliar a crise sanitaria e económica”.